Av. Gerardo Unger 295, San Martín de Porres, Lima Lun a Sáb, 9:00 a.m. – 7:00 p.m.·Ingresar·Registrarse
COMO DEFENDERES OS TEUS DEREITOS LINGÜÍSTICOS

COMO DEFENDERES OS TEUS DEREITOS LINGÜÍSTICOS

CARLOS CALLON

S/ 87.00

Disponible en tienda

  • Editorial EDICIONS XERAIS DE GALICIA S.A.
  • ISBN 978-84-9914-287-6
  • Categoría Literatura - Lingüística

En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque, tal e como el di, «os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións». A existencia de miles de galegas e galegos que non están dispostos a renunciar aos seus dereitos lingüísticos é a maior esperanza para superarmos a difícil situación actual e isto centra o compromiso individual como protagonista para conquistarmos o futuro. Por este motivo, o autor ofrécenos unha guía de conduta para vivirmos en galego, chama a un consumo responsábel co noso idioma e fai un repaso moi claro por sectores dos dereitos lingüísticos que temos recoñecidos. Como afirma o propio Carlos Callón nas «Instrucións de uso», o capítulo con que abre o libro, «queren cansarnos e facernos pensar que o futuro do galego está decantado cara ao patíbulo. Mais a desaparición ou recuperación dunha lingua nunca é un proceso espontáneo. Podemos intervir e rectificar a situación actual», porque cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posíbeis.

Ver carrito